Monday 13 de May de 2024

O sábado celébrase a Romaría das Merendiñas


Todas as persoas maiores de 60 anos están convidadas a participar na Romaría das Merendiñas que se celebrará o vindeiro sábado 10 de xuño, a partir das 13:00 horas, nos xardíns das Torres de Santa Cruz. Para poder acceder á festa é imprescindible presentar a invitación que se enviou a todos os domicilios.

O menú será o tradicional e antes e despois da comida haberá música e baile, coa Banda da Escola Municipal e co dúo Xilo e Carlos e os solistas Sito Sedes e Carmen María.

Un elemento fundamental desta festa é a implicación e participación de numerosas persoas que colaboran desinteresadamente na organización e no desenvolvemento desta romaría, unha axuda imprescindible para que As Merendiñas poidan realizarse.